Ai, Padrón
Canción para Pili Pampín
Letra y Música: Fernando Castaño
Miña naiciña pareume
Preto de Fondo de Vila
Cando Padrón casi aldea
tiña as casiñas, de pedra…
…I as fontes tiñan auga
I o río moita area…
…I Toda-las tabernas tiñan
Xentiña cantando nelas…
Miña naiciña levóume
A festas que a bondo había…
Dende Padrón a Socastro…
De Lestrobe a Carcacía…
…Da Escravitude ata Herbón…
Fumos romeiros con ela
Con as gaitiñas, bailando…
Chovera ou non chovera…
Estribillo
Ai, Padrón, Padrón, Padrón…
Sempre que volvo arrecenda
A fume das tuas lareiras,
A romarías e a festas…
…Sempre te encontro sorrindo
Engaiolante e ben presta…
Ai, Santiaguiño do Monte
¡ Iso sí que boa festa ¡