AS MIÑAS CASIÑAS VELLAS…

¿A Mon Beiró.. A la magia que apresa…)

...!Garda,Mon…

…Ista estampiña o encanto…

Que tiñan aquelas casiñas baixas...

Ainda que foran moi vellas…

I os tellados se caíran...

…Refuxios nosos de onte...

Onde se escondía a fame…

…Eran as nosas paredes

Onde tamén se morría…!

Onde portiñas adentro

Cada quen… na súa vida…

…Iban medrando a os cativos…

…A os porcos… i as galiñas…

Y os viaxes á a Fonte…

Cando a auga non nos viña…

… I ó pé do río lavandeiras

Deixaban moi branco o rio…

…As miñas casiñas vellas…

Morreronse para sempre…

¡Que más devolvan, Monciño

Coma eran… naqueles días…

De baixiñas… de feitiñas…

De cal e pedra vestidas…!

¡…Que aínda que foran tan vellas

Eran as miñas casiñas…!

Fernando Castaño.