A LA ABUELA DE PADRÓN
2º Cuenta de “Cuentas de un Rosario Poético”
Quixera ter eu, o teu doce encanto,
Ter as túas forzas…e teu máxico sentir…
Ser o muíño que moven os teus ventos…
Ser tanto contento coma xurde por ti.
Quixera eu ter o teu ollar sinxelo
E a crenza no teu Deus de sempre…
Ter a cega esperanza leda dun desexo
Que alongas nesa, a túa saudade.
Tanto eu quixera arremedar
E a tanto chegar non chego…
Indo ata ti, ben das miñas verbas,
nos escuros camiños me perdo…
Eu son un dos paxariños do teu niño cheo…
Unha pingueira de auga nun inmenso mar…
Eu vexo outras cousas onde tí só olla-lo ceo
Coma te vou , miña xoia, coma te vou remedar…
Cando ti te calas o teu calar e fala,
Así te teño gardada nos meus pensamentos
Cando ti non estás e coma si estiveras…
Coma si reviviras po-los meus adentros
Xamáis teñas tristura, miña feita,
Anduriña branca que voas sin fin…
Ti tes de todo o que soñan as almas,
Tes teu mar en calma…i estás queda en mín.
Fernando Castaño Solar. Diciembre 2008.