GAITEIROS MONTE ENRIBA
A Mon, que apresóu a groria…
Tempo de onte… Eran outras xentes, Mon…
Outros reloxos que marcaron outras horas
Y outros tempos… onte era outra presa
Y outra calma… y outra delonga…
Pode que non volva isa estampa
A mover reloxo algún…
… É tan difícil tocar o ceo
Cando vívese na deshora…
Foron cara o teu ceo, Padrón
Escaleiras enriba, monte enriba
A tocar cas súas mans a groria
Xuntos… En fervente xuntanza
Para atopar unha estrela
Que lles prometeu alguén…
¡Coa ansia que somente empuxan
A os corazóns entusiasmados…!
Pode… que xa nunca nos volva
Imaxe como a túa
No colorido e grandeza…
Pode que xamáis se nos vexa
Monte enriba coma onte
Empuxados por a fe
Que nosos pais nos meteron
Na nosa sangue… e nos corpos…
Fernando Castaño.